A Candeloria Pista Extra. Novo proxecto, mesma paixón
A Candeloria Pista Extra é un novo proxecto que se realiza o 30 de novembro do 2024 constará de música ska,rap e punk, seguindo os pasos do festival A Candeloria.
O lugar escollido será o mesmo; Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.
Artistas de A Candeloria Pista Extra.
O primer festival realizado na cidade lucense en pleno inverno contará con bandas coma Def Con Dos, Non Servium ou El Drogas, entre outros.
Non Servium repiten no festival pois xa estiveran no ano 2018. El Drogas pasará polo escenario co seu traballo -40 graos e Def con Dos pechará xira de Mutantes do Pobo. Banda Bassoti, Machete en Boca, Familia Caamagno, Ruxe Ruxe e Brassic Rapa completan o cartel xunto co Dj Jordi Pánico.
A organización da Candeloria nas súas redes sociais, como instagram e facebook, explicou que Pista Extra atópase nas súas últimas 50 entradas con oferta a 37 euros + gastos.
Outra noticia interesante é que os asistes a Pista Extra contan cun desconto para a próxima edición da Candeloria.
Aínda necesitas máis para asistir?
Non esperes máis e compra as túas entradas 
A Candeloria
A Candeloria é un festival emerxente de rock/punk cun enfoque centrado en bandas galegas. O seu primeiro festival foi no ano 2014 e grazas a uns prezos alcanzables e un cartel excelente, os seus adeptos non pararon de crecer cada ano.Chegando a 3.500 persoas na última edición.
Esta última e décima edición do festival celebrouse na cidade de Lugo entre o 1 e 2 de marzo, no Pazo de Feiras e Congresos da cidade das murallas.