RIOT GZ FEST un novo festival na cidade de Lugo. Un traballo innovador e con identidade propia que busca rescatar e expandir o amor polo punk
Os dias 22 e 23 de maio chega RIOT GZ FEST, a primeira edición do evento que converterase nun punto de encontro para todos os namorados do estilo punk.
O evento creado polos organizadores de A Candeloria, realizarase no Pazo de Ferias e Congresos de Lugo. A edición conta cun cartel cheo de bandas históricas, moito punk internacional mesturado con bandas novas e emerxentes, así como bandas locais.
Un novo estilo de festival para a cidade que os organizadores levan tempo traballando, pois aman e sinten este tipo de música tan viva e única.
Por qué o nome de “Riot GZ Fest?
-Riot,: disturbio, oportunidade de cambio social, tan necesario nestes tempos…
-GZ: seguimos tendo a Galiza coma punto de encontro, o galego coma lingua vehicular e as bandas galegas coma estilete.
-Fest: Segue sendo un festival, algo reivindicativo pero tamén festivo no que desfrutar dxs amigxs, coñecer xente, escoitar ás nosas bandas favoritas e coñecer algunha nova…

Ata o momento, confirmáronse as seguintes bandas e artistas:
Venres 22
Evaristo Páramos que regresa a Lugo tras petalo en Pista Extra
Cockney Rejects-banda londinense con letras intensas
The Rumjacks- punk australiano formado no 2008
Ruxe Ruxe-grupo galego formado en Santiago de Compostela
Arene 6- banda de Algorta, Getxo (Bizkaia)
Chulería Joder- punk en euskera e castelán
Primeira sesión do Dj Jordi Pánico.
Sábado 23
The Toy Dolls – Punk británico clásico con máis de 40 anos de traxectoria
Perkele – Oi! combativo de Suecia
Lion’s Law – Punk francés
Keltoi! Banda galega de cancións populares
Pigs Parlament – Fusión de punk e ska
Misconduct – Hardcore directo e melódico
True Mountains – Representación da escena galega
DJ Jordi Pánico – Selección musical para cerrar o sábado.
